InicioMovementos SociaisA plataforma sanitaria recolle 200 reclamacións en Mondoñedo

A plataforma sanitaria recolle 200 reclamacións en Mondoñedo

A veciñanza demanda que se mellore e amplíe o servizo de pediatría e de fisioterapia no centro de saúde

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña tramitou duascentas reclamacións no centro de saúde de Mondoñedo.

Os tempos de agarda para consultas, probas ou intervencións centraron a maior parte das queixas individuais, segundo explicou o colectivo, que ampliou o seu horario de atención habitual para recoller as demandas da veciñanza.

“Cando chegamos ao centro de saúde xa había un grupo de xente numeroso agardando por nós e en ningún momento deixamos de redactar reclamacións facendo até tres á vez”, expón o voceiro do colectivo, Víctor Vila.

“Tivemos que prorrogar en vinte minutos o horario para que non quedara ninguén sen facela”, explica.

PEDIATRÍA

A maiores das reclamacións individuais, a plataforma sanitaria canalizou as demandas colectivas da veciñanza que reclama a substitución “estable e desde o primeiro día” de todos os permisos e baixas da pediatra titular.

As familias piden que o servizo de pediatría, que comparten con Barreiros e Lourenzá, se implemente no tempo necesario para garantir unha asistencia satisfactoria, que evite desprazamentos a outras localidades e o colapso das urxencias hospitalarias.

FISIOTERAPIA

Ademais,  a comunidade pide que se dote ao centro de saúde mindoniense do persoal e da aparataxe necesaria para atender aos pacientes en quendas de mañá e tarde e reducir o tempo de espera para acceder a este tipo de tratamentos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...