IniciosociedadeRock para todos os públicos para reclamar pediatra en Barreiros

Rock para todos os públicos para reclamar pediatra en Barreiros

O BNG impulsará o domingo un acto lúdico-reivindicativo que incluirá un concerto de Pakolas

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Barreiros impulsa o domingo un acto lúdico-reivindicativo para reclamar a cobertura do servizo de pediatría que comparten os centros de saúde barreirense, de Mondoñedo e Lourenzá.

O evento, que comezará ás 12.00 horas na Praza do Concello de Barreiros, contará coa presenza de Pakolas. O músico ofrecerá un concerto de rock dirixido a nenos e nenas. De non poder desenvoverse ao aire libre polo clima, a actividade será no centro sociocultural.

A voceira do grupo municipal do BNG, Ana Ermida, explica que “con este acto pretendemos implicar a todo o mundo na defensa dun servizo básico, garantindo o dereito á atención das crianzas por persoal especialista”.

Ao longo dos últimos meses, partidos e colectivos reclamaron a cobertura da baixa da pediatra que exerce nos tres concellos. Fixérono con recollidas de sinaturas e a través de mocións, tanto nos plenos municipais coma no Parlamento galego.

Denuncian retrasos nas vacinas ou que os picaros só son atendidos por especialistas en pediatría “en casos de gravidade”, pasando os seus casos a médicos de familia “que acumulan a sobrecarga de traballo”.

ACTIVIDADE PARA “TODA A FAMILIA”

Estamos seguras de que toda a poboación defende esta demanda. Por iso quixemos organizar un acto simbólico e visual ao que poida acudir toda a familia“, concluíu Ermida.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...