InicioMovementos SociaisAlfoz e O Valadouro reclaman pediatra nos seus centros de saúde

Alfoz e O Valadouro reclaman pediatra nos seus centros de saúde

As crianzas dos municipios teñen que desprazarse ata Foz para seren atendidos por unha especialista "desbordada" que ten ao seu cargo "máis de 1.450 cartillas"

Publicada o

- Advertisement -

Veciñas e veciños de Alfoz e O Valadouro concentráronse este martes para reclamar un servizo de pediatría para os dous concellos.

Trátase dunha demanda que manteñen desde hai máis dunha década, cando o Servizo Galego de Saúde (Sergas) suprimiu as consultas nos municipios do val do Ouro concentrando o servizo en Foz.

As nenas e nenos de cero a catorce anos teñen que “desprazarse 30 quilómetros” para seren atendidos por unha especialista que acumula “máis de 1.450 cartillas entre os tres concellos”, segundo expuxeron o alcalde alfocego, Jorge Val, e o valadourense, Edmundo Maseda. Tamén asistiu á protesta o tenente de alcalde de Alfoz, Xabier Pardiñas, dos independentes.

Os rexedores socialistas sinalaron que as familias sufren “longas agardas para unha consulta ordinaria” e que mesmo “quedan nenos sen atender“.

MÁIS DE 50 RECLAMACIÓNS

A veciñanza tamén canalizou esta demanda a través da Plataforma Sanitaria na Defensa da Sanidade Pública, que este martes levou a Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (UMAR) ao centro de saúde de Alfoz.

“Das cincuenta reclamacións recollidas, a maior parte delas solicitaban a creación do servizo de pediatría”, explicaron desde o colectivo tamén incide no “desbordamento” do servizo en Foz, “onde unha pediatra cunha redución de xornada sen substituír” debe atender a pacientes dos tres concellos.

Outras demandas dos veciños reclaman a substitución dos médicos de familia cando piden un permiso ou baixa e o restablecemento do servizo de logopedia, eliminado hai un mes. As queixas apuntan que os usuarios e usuarias quedaron “abandonados, sen prestación, sen seren informados e con interrupcións nos seus tratamentos”.

Usuarios na mesa de reclaamacións da plataforma sanitaria este martes no centro de saúde de Alfoz

PAROS EN ATENCIÓN PRIMARIA

Ás 12.00 horas, profesionais e usuarios uníronse á convocatoria que Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (Agamfec) mantén todos os martes nos centros de saúde do país, co lema “Por unha Atención Primaria Digna”.

Alfoz sumouse  aos centros de saúde de Ribadeo, San Cibrao, Foz ou Viveiro cunha concentración silenciosa de cinco minutos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...