Centos de mariñás e Batuko Tabanka fanse notar na manifestación feminista de Lugo

Saíron autobuses ao completo de Viveiro, Ribadeo e Burela, custeados polos Concellos

Representantes de Galegas 8M A Mariña en Lugo. AXM

Centos de mulleres da Mariña Lucense participaron este domingo en Lugo na manifestación unitaria convocada pola plataforma Galegas 8M baixo a lema ‘Por todas as mulleres, por todos os dereitos, revolta feminista‘.

Miles de persoas, 10.000 segundo os datos da Policía Local, cubriron a capital provincial de cor lila, moitas delas chegadas nun total de 30 autobuses habilitados desde todos os recunchos de Galicia.

Ademais das persoas que se achegaron a Lugo en coches particulares, tres autocares saíron da bisbarra, todos “coas prazas completas“. Os gobernos locais de ViveiroBurela e Ribadeo financiaron os autobuses.

“Merecemos que a xente esperte, se solidarice con nós e baixe á rúa”, sinalou a voceira de Galegas 8M Ana Torrón, quen salientou que “sobran motivos para que a cidadanía se revolva”.

CONCERTO

O grupo burelao de música tradicional caboverdiana Batuko Tabanka tamén puxo sabor mariñao á celebración cunha actuación en directo que pechou o evento.

Podes ler a información completa da protesta no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here