Os bombeiros de Barreiros farán un simulacro de rescate en Burela o domingo

A Praza do Concello acollerá tamén unha exposición de vehículos e dispositivos que empregan os corpos de emerxencias nas súas intevencións

Reunión no concello para ultimar a exhibición do domingo

Os bombeiros de Barreiros farán este domingo en Burela un simulacro de excarcerción e rescate en altura. Os efectivos do parque comarcal organizaron a exhibición para celebrar o día do seu patrón, San Juan de Dios.

Ademais de representar as manobras que realizan en intervencións reais, desprazarán ata a Praza do Concello parte dos medios dos que empregan para actuar en casos de emerxencia.

“É unha xornada de portas abertas para que a cidadanía vexa que medios están a súa disposición para cubrir as súas necesidades en calquera momento”, explicou Fernando González, sarxento do parque ubicado na Cruz do Lobo.

EXPOSICIÓN

Ademais dos recursos dos bombeiros, exporanse vehículos e dispositivos doutros corpos de emerxencia cos que colaboran como a Garda Civil, a Policía Local, Protección Civil e a Cruz Vermella.

Os responsables destes servizos participaron este venres nunha reunión no concello na que ultimaron os preparativos.

A mostra poderá verse desde as 10:00 horas e o simulacro comezará ás 13:00 horas.

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, convidou a todos os veciños da comarca a achegarse ata a localidade ao longa da mañá para “coñecer de primeira man” o traballo destes servizos públicos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here