InicioPolíticaO peche do prazo das listas desvela 14 candidatos ás municipais na...

O peche do prazo das listas desvela 14 candidatos ás municipais na Mariña Lucense

José María Fernández relevará a Yanes Ginzo no PP de Trabada, Luís Fernández encabezará ao BNG de Riotorto e Suso Villalba e Evaristo Lombardero liderarán a CxG e En Marea en Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

O peche do prazo para a presentación das candidaturas que concorrerán ás eleccións municipais despexou algunhas das incógnitas sobre os cabezas de lista aos comicios locais na Mariña Lucense.

Ata catorce candidatos faltaban por anunciarse nas principais formacións políticas, entre eles algunhas novidades importantes, como as de José María Fernández Vázquez (PP de Trabada), Suso Villalba (CxG en Ribadeo), Evaristo Lombardero (á fronte de En Marea neste último concello) ou Luís Fernández, líder da lista do BNG en Riotorto.

PP

O Partido Popular, que presentará listas nos 67 municipios da provincia de Lugo, anunciara candidatos en 14 dos 16 concellos da Mariña. Sete dos candidatos serán novidades.

Jesús Novo (O Vicedo), Alfonso Villares (Cervo), Demetrio Salgueiro (Xove), Javier Castiñeira (Foz), Alfonso Fuente Parga (Barreiros) e Clemente Iglesias (Riotorto) aspiran a renovar mandato. Tamén o fará Elena Candia, candidata de novo a alcaldía de Mondoñedo.

José Manuel Lamela (O Valadouro) e David Álvarez (A Pontenova) tentarán de novo conquistar a alcaldía, como xa concorreran no 2015, mentres que José Hermida (Ourol), Óscar Rodríguez (Viveiro), Manuel Rouco (Burela), Pepe Peinó (Alfoz), Javier Rodríguez Barrera (Lourenzá), e Daniel Vega (Ribadeo) póñense por primeira vez á fronte das candidaturas populares.

josé maría vázquez relevará a yanes ginzo, alcalde de 1991 a 2015, no pp trabadense

En Trabada, o PP presentará outra cara nova na cabeza da lista. Tras ser alcalde do municipio entre 1991 e 2015, José Manuel Yanes Ginzo dá un paso atrás e o candidato dos conservadores será José María Fernández Vázquez.

José María Fernández Vázquez, candidato do PP en Trabada. AXM

Trátase dun autónomo da agraria e chófer de autobús, de 41 anos e que milita no partido desde 2008. “Preséntome con toda a ilusión do mundo. Ofrezo traballo e dedicación”, afirma o alcaldable do PP trabadense, que con anterioridade só concorreu na lista conservadora como suplente.

“Quero centrarme sobre todo nos servizos sociais e dependencia que neste concello tanto necesitamos manter, ademais de no sector gandeiro, que é tan importante e coñezo de primeira man”, asegura.

PSOE

O PSdeG-PSOE tamén presentará listas en todos os municipios da provincia de Lugo, incluídos os 16 da Mariña Lucense. Os socialistas, con todo, apostan pola continuidade.

María Loureiro (Viveiro), Jorge Val (Alfoz), Alfredo Llano (Burela), Rocío López (Lourenzá) e Edmundo Maseda (O Valadouro) anunciaron que concorrerán para renovar a alcaldía nos seus concellos. Tamén o farán José Luis Pajón (Ourol), Darío Campos (A Pontenova) e Mayra García Bermúdez (Trabada).

o PSoe aposta pola continuidade. só dous dos candidatos non encabezaran nunca unha lista

Ao igual que hai catro anos, Esperanza González (Mondoñedo), Vicente Parapar (O Vicedo), Francisco Mon (Cervo) e Eduardo Veiga (Xove) asumirán de novo, como nos pasados comicios, o liderado das listaxes socialistas nos seus respectivos municipios. Tamén o farán Carmen Veiga (Barreiros), que xa anunciou o seu equipo.

José García Freije, tenente de alcalde no bipartito de Riotorto, liderará de novo a listaxe socialista tras ser o número 2 da candidatura de Emilia Seoane Prieto.

O PSOE apostou pola xuventude nas súas dúas caras novas. Son Fran Cajoto, de 35 anos (Foz) e Marta Rey, de 24 (Ribadeo), a alcaldable máis nova da Mariña Lucense e probablemente unha das de menor idade en Galicia.

BNG

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) presentará finalmente 13 candidaturas das 16 posibles na Mariña Lucense. Só Ourol -onde non houbo en 2015-, Trabada e O Vicedo -onde encabezaran as listaxes María Xosé Fernández e Adrián Piñón– non contarán cunha alternativa de voto frontista.

o bng presentará finalmente 13 candidaturas; só ourol, trabada e o vicedo quedarán sen alternativa frontista

Eduardo Chao, tenente alcalde no bipartito do Valadouro; Mario Pillado (Burela), Ana Ermida (Barreiros) e o único rexedor dos frontistas na bisbarra, Fernando Suárez Barcia (Ribadeo), repetirán como candidatos.

Os nacionalistas anunciaran xa sete novidades. Miriam Bermúdez será a candidata da formación en Viveiro; Diego Fernández (Cervo), Eloi Cabanas (Mondoñedo), “Mani” Vázquez Abal (Lourenzá), Lorenzo Gómez Dorado (Alfoz), Francisco Javier Fanego (Foz) e Xosé Luis Gutiérrez, que fora concelleiro da Pontenova entre 2003 e 2007 e volve á política local, son as outras caras novas anunciadas polo BNG.

A estas sete incorporacións hai que sumar as do profesor de ensino secundario Xosé Manuel López Hermida, que collerá o relevo de Marco López á fronte da candidatura de Xove. En Riotorto, o partido frontista estará liderado por Luís Fernández, traballador do Hospital Público da Mariña e gandeiro que se incorpora á política.

CxG

Compromiso por Galicia (CxG) pasa de dúas candidaturas (Burela e Ourol) a cinco na Mariña Lucense.

compromiso por galicia pasa de dúas candidaturas en 2015 a cinco neste 2019

O partido galeguista anunciara como cabezas de lista a José Luís Moñita (Burela), Damián Sánchez (Foz), Carlos Rivas (Lourenzá, ex edil de obras co goberno socialista) e Alba Sanjurjo (Viveiro).

CxG tamén terá candidatura en Ribadeo, que liderará Suso Villalba, que fora concelleiro do Bloque na corporación ribadense.

CIUDADANOS

Ciudadanos (Cs) perde unha candidatura das dúas presentadas en 2015. Marta Saiz abandoou o partido laranxa e participará da lista do PP en Ribadeo.

ciudadanos mantén a participación en burela, pero non estará en ribadeo

Así as cousas, o coordinador da formación na bisbarra, Manuel Vicente, será o único candidato de Cs na comarca, á fronte da listaxe de Burela. Acompañarano nos primeiros postos da listaxe Jasone Fátima Lorenzo BaamondeMaría Teresa Lestegás Gómez, o candidato ao Congreso Francisco Pintado e Teresa Fernández Ferreiro.

Benito Pascual TarrónZulma Raquel Villalba AncoIsidro Fernández Villaverde, José Antonio Fernández Uría, Deissy Lopes Bollo, Pablo Cao Albo, Ana Fernández Fernández e Juan Carlos Pérez-Gándaras Pedrosa.

Burela, Monforte, Lugo, Láncara, O Corgo, Outeiro de Rei e Sarria serán as candidaturas de Cs na provincia de Lugo.

EN MAREA

En Marea concorrerá por primeira vez ás eleccións na Mariña Lucense con listas en dous municipios. O partido instrumental avanzou a semana pasada que Chus Amieiro, empresaria da hostalería, liderará ao partido en Mondoñedo.

en marea entra no mapa político da mariña con listas en mondoñedo e ribadeo

En Ribadeo, onde a formación presentou xa varias das propostas do seu programa, o líder da candidatura de En Marea será Evaristo Lombardero, que xa concorrera na lista de Ribadeo-En Común no 2015.

VOX

Outra formación política que se presentará por primeira vez na Mariña Lucense é Vox. O partido de ultradereita presentarase en Burela con Alberto Javier Rega como número 1.

PARTIDOS INDEPENDENTES

A presenza dos partidos independentes tamén se fará notar na Mariña. O tenente de alcalde de Alfoz, Xabier Pardiñas, liderará a candidatura de VIA (Veciños Independentes por Alfoz). Tamén tentará repetir bos resultados Luis Alfonso Sixto, candidato de Foz Plataforma de Futuro.

Baixo a fórmula de Son Viveiro-En Común, Esquerda Unida estará presente nos comicios viveirenses, con Luis Manuel García Otero como alcaldable.

Bernardo Fraga encabezará unha das novidades, a lista de Por Viveiro, nacida do grupo de non adscritos da corporación. Ramón Acuña estará á fronte de Ribadeo nos Une.

galicia sempre, o partido de manuel martínez, presentará lista en burela liderada por carlos peinó castro

Finalmente, Galicia Sempre, o partido do alcalde de Becerreá e presidente de Suplusa, Manuel Martínez, si presentará candidatura en Burela, non como por erro publicou Xornal da Mariña. Carlos Peinó Castro será o candidato.

Martínez valorou que “nun tempo récord, xa que hai tres meses o partido nin sequera existía”, presentou candidaturas en Lugo, Sarria, Meira, Becerreá e Burela.

Información de Vanesa Gómez Lourido e Ramón González Rey

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...