A Banda de Música de Burela debutará no pregón das festas patronais

A presentación da formación, que sae da Escola de Música, será o vindeiro mércores

Banda de Música da Escola de Burela. AXM

A Banda de Música de Burela debutará no pregón das festas patronais. A presentación ante os medios de comunicación será este mércores, ás 13.00 horas na propia escola.

O alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano, manifestou que “un dos obxectivos que tíñamos nesta lexislatura, a través da Escola de Música, era conformar unha nova banda de música que saíra do centro e por fin se logrou”.

“OBXECTIVO PRIORITARIO”

Estamos moi contentos de ter logrado este obxectivo que nos parecía que debía ser prioritario na programación da Escola de Música. Así que imos completar unha etapa educativa e sobre todo algo que creo que vai ser moi bo para o pobo de Burela, e ao mesmo tempo para reforzar a oferta do centro educativo”.

KARAOKE

Segue aberta a inscrición para participar no Karaoke das festas de Burela. As persoas interesadas en participar poden anotarse na casa da xuventude ou na biblioteca municipal. “Alí deben deixar os seus nomes, o título da canción que van interpretar e tamén un número de teléfono de contacto”, explica o edil de cultura, José Díaz.

O evento será os días 29 e 30 de maio. O 29 será o infantil e xuvenil e o 30 a quenda dos adultos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here