InicioPolíticaOs pactos decidirán de novo o goberno no Valadouro

Os pactos decidirán de novo o goberno no Valadouro

O PSdG perde un concelleiro mentras que o BNG suma unha acta máis que no 2015

Publicada o

- Advertisement -

A coalición entre PSdG-PSOE e BNG volve sumar para revalidar o goberno no Valadouro. Dos socios de goberno durante a última lexislatura, semella que os nacionalistas saíron mellor parados do pacto.

Os socialistas, cuxa candidatura liderou Edmundo Maseda, reducen o seu apoio electoral pasando de cinco a catro edís -de 628 a 490 votos- mentras que os nacionalistas logran dúas actas, unha máis que nos pasados comicios. O BNG, encabezado por Eduardo Chao, subiu de 187 a 224 sufraxios, un aumento que lle serve para acadar unha acta máis.

O Partido Popular de José Luis Lamela tamén perde peso na futura corporación municipal, na que terá catro edís fronte aos cinco da pasada lexislatura (pasa de 608 votos a 426).

Unión Independente do Val (UDIVAL), que non se presentou ás pasadas eleccións, volve ao mapa politico do Valadouro cunha concelleira, María José Fernández. O partido independente confirma o seu tirón con 210 sufraxios.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...