IniciosociedadeO alumnado do IES de Foz gaña o primeiro certame de podcast...

O alumnado do IES de Foz gaña o primeiro certame de podcast en galego

O xurado do concurso, convocado polo instituto Rosalía de Castro e Arraianos Producións, destaca "a calidade no uso da lingua e estilo narrativo" do traballo premiado

Publicada o

- Advertisement -

O alumnado de primeiro da ESO do IES de Foz resultou gañador da primeira edición do Certame Escolar de Podcast e Relato Radiofónico en Galego Xosé Mosquera Pérez, dedicado á persoa homenaxeada no Día das Letras Galegas, que este ano é o antropólogo Antón Fraguas.

“O xurado decidiu por unanimidade premiar ao alumnado de primeiro da ESO deste centro público pola especial calidade no uso da lingua e o estilo narrativo, así como polo seu carácter innovador, no seu podcast ‘Antón Fraguas en directo‘”, sinalou o xurado na súa acta.

Deste xeito, o alumnado fíxose cun premio de 1.000 euros e unha estatua do Vello dos Contos -o personaxe radiofónico creado nos anos 30 por Mosquera Pérez, quen dá nome a este certame-, entregados nunha gala celebrada este martes no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela.

CORENTA PARTICIPANTES

O IES de Foz resultou elixido como o mellor entre os 40 participantes do concurso, promovido polo IES Rosalía de Castro e Arraianos Producións, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

O xurado tamén entregou un accésit -dotado con 500 euros, un diploma e unha escultura- ao IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas polo seu traballo ‘Polo río abaixo vai?‘, no que o alumnado reflexionou sobre o patrimonio material e inmaterial da súa contorna, facendo dos muíños os protagonistas dunha historia na que a banda sonora é fundamental”.

ÚLTIMAS

Morre tras chocar contra un poste e outro coche en Viveiro

Unha persoa faleceu na noite deste pasado xoves na localidade lucense de Viveiro tras chocar...

Ribadeo sinala que se está traballando na limpeza da vila

O Concello de Ribadeo traballa para manter a localidade limpa e convertela nunha vila...

Cervo convida a asistir á VIII Foliada e á Feira de Artesanía

O Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a asistir sábado, 4 de...

A resposta de @oscar_puente á mala situación do FEVE: “Estudia a orografía e fai un cálculo dos costes dunha liña”

"Pues nada maestro, ponte a estudiar la orografía del territorio que separa ambas localidades,...