Produart complementará a Feira do Bonito cunha oferta “máis potente e atractiva”

A organización aproveitou Turexpo para facer contactos con artesáns e produtores de denominacións de orixe de cara a cita, que se celebrará do 2 ao 4 de agosto

Exoositor en Produart. AXM

A Fundación Expomar prepara unha nova edición de Produart “máis potente e máis atractiva”. A Feira de Produtos Artesanais e Ecolóxicos celebrase do 2 ao 4 de agosto, coincidindo coa do Bonito, na Nave de Redes do porto de Burela.

O alcalde en funcións, Alfredo Llano, adiantou este xoves que  a entidade organizadora do evento, que tamén preside, fixera “contactos con varios artesáns” en Turexpo, a feira de referencia do sector turístico celebrada a fin de semana pasada en Silleda.

Llano explicou que un dos obxectivos é traer a Burela “produtores de denominacións de orixe, que aposten por modelos ecolóxicos e sostibles e que teñan unha boa calidade”. “Estamos dando pasos para facer unha feira realmente representativa con estes produtos”, avanzou o rexedor.

“En Silleda tivemos oportunidade de ver como se facía noutros lugares e imos procurar que Burela sexa coñecida e recoñecida tamén por Produart”, concluíu.

MEDIO CENTO DE EXPOSITORES EN 2018

A feira naceu en 2001 como punto de encontro de produtores, comerciantes e consumidores involucrados coa sustentabilidade e a conservación do medio.

Na exposición teñen cabida prudutos do mar e da terra, artesanía tradicional e popular, materiais de construción ou tecnoloxías relaciónadas coas enerxías renovables. Na pasada edición, reuniu medio cento de expositores.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here