Detido un mariñeiro de Burela por lesións con arma branca nun pesqueiro

O suposto agresor foi arrestado este martes cando o barco chegou ao porto burelao

Porto de Burela. AXM

A Garda Civil detivo un mariñeiro de Burela como suposto autor dun delito de lesións con arma branca a un dos seus compañeiros de tripulación.

Segundo informou o Instituto Armado, o suceso tivo lugar a bordo dun barco pesqueiro cando o buque faenaba en augas internacionais.

DETIDO NO PORTO

O suposto agresor foi arrestado este martes, cando a embarcación chegou ao porto de Burela.

O detido foi posto a disposición do Xulgado de  Instrución número 1 de Viveiro.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here