InicioSucesosUn incendio nun alpendre sobresaltou aos veciños dun barrio de Foz na...

Un incendio nun alpendre sobresaltou aos veciños dun barrio de Foz na madrugada deste xoves

O lume calcinou por completo o alpendre, anexo a unha vivenda próxima á rúa Sieiro, e mailos apeiros e a maquinaria que almacenaba no interior

Publicada o

- Advertisement -

Un incendio nun alpendre alertou na madrugada deste xoves aos veciños próximos á rúa Sieiro, en Foz.

Alertados polas explosións no interior do recinto, anexo a unha vivenda, arredor das 3.00 horas, advertiron ao 112 Galicia que mobilizou aos Bombeiros de Barreiros, que interviron para sufocar o lume.

MAQUINARIA E APEIROS CALCINADOS

Segundo confirmou o 112, o incendio calcinou por completo un alpendre e varios obxetos -maquinaria, ferramentas, apeiros e bombonas de gas- que se almaceban no seu interior.

Ademais dos Bombeiros de Barreiros, recibiron aviso do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os efectivos de Garda Civil e membros do GES de Cervo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...