InicioDeportesAs obras da nova grada da Marosa deixarán sen campo á SD...

As obras da nova grada da Marosa deixarán sen campo á SD Burela “toda a tempada”

O club lamentou a tardanza do concello en tomar unha decisión respecto das instalacións; o BNG esixiulle ao goberno local "compromiso co mantemento" do complexo deportivo municipal

Publicada o

- Advertisement -

A contrución dunha nova grada no campo de herba natural da Marosa condicionará a planificación deportiva da SD Burela durante “polo menos, toda a tempada“.

Á prohibición de acceso aos asentos, sumarase a vindeira semana a clausura dos vestiarios ubicados baixo a estrutura. O club habilitará os antigos, situados a carón do bar, como alternativa provisional.

Cando comecen as anunciadas obras de retirada da grada e de construción dunha nova, xa non se poderá empregar o terreo de xogo no que disputan os partidos os equipos sénior e xuvenil da entidade.

A directiva do club, inmerso xa en pretemporada, traballa nunha alternativa para xogar os encontros do vindeiro curso e non descarta que os problemas continúen no seguinte, despois de reunirse este mércores co alcalde, Alfredo Llano, e a arquitecta municipal.

A entidade lamentou a tardanza do concello en actuar nas instalacións que, segundo precisan, arrastran o deterioro desde “hai máis dun ano e medio“.

O BNG PIDE UN “MANTEMENTO REAL” DAS INSTALACIÓNS

O pasado martes, o BNG de Burela criticou que o goberno local “non lles dera acceso ao informe” encargado para avaliar o estado da estrutura e que certifica a necesidade de derrubar a grada e construír unha nova.

Os nacionalistas cren que, máis aló de executar estes traballos, o Concello “ten que dar unha solución que facilite o traballo cotiá dos equipos” e “comprometerse a levar un mantemento real de todas as instalacións do complexo deportivo”.

Neste senso, o voceiro nacionalista, Mario Pillado, sinalou que “fai un ano que ninguén da empresa de mantemento vai ao campo de herba artificial” e demandou ao goberno  executivo local que “faga cumprir o contrato”.

INFORME PARA AVALIAR O CUSTE DA ACTUACIÓN

Trala xuntanza deste mércores co club, o Concello dará o primeiro paso para a construción da nova grada coa elaboración “dun informe técnico que estime canto custará derrubar a estrutura e levantar unha nova”.

O rexedor avanzou que aproveitarán a situación para construir unhas instalacións “con todos os servizos, con maior vistosidade e máis adaptadas para a confortabilidade do público”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...