IniciosociedadeO Goberno prevé acabar "en xaneiro" as reformas en cinco apeadoiros de...

O Goberno prevé acabar “en xaneiro” as reformas en cinco apeadoiros de Foz e Viveiro

As obras, cun orzamento de case 374.000 euros, afectan aos andéns das vilas focega e viveirense e tamén aos de Nois, Cangas e Covas

Publicada o

- Advertisement -

O Goberno central anunciou este luns que prevé finalizar “en xaneiro de 2020” as obras de reforma nos apeadoiros de Foz, Cangas, Nois, Covas e Viveiro, por un importe próximo aos 374.000 euros.

A subdelegada do Goberno central, Isabel Rodríguez, e o alcalde de Foz, Fran Cajoto, revisaron este luns as obras de mellora que está a executar Renfe no apeadoiro focego. Estiveron acompañados polo xerente do Servizo Público e Ancho Métrico da Cornixa Cantábrica, Javier González Villoria, e polo concelleiro de turismo e actividades económicas, Chema Linares.

A empresa pública ferroviaria comezou as actuacións no pasado mes de agosto. Segundo expón o Executivo central, as obras permitirán “mellorar a accesibilidade das estacións mediante o recrecido de andéns con novo solado para adaptar á altura da plataforma do tren. Por outro lado, mellorarase a eficiencia enerxética coa instalación de alumeado LED, cambiarase a señalética e substituiranse as varandas onde sexa preciso.

CAMBIO DAS MARQUESIÑAS

Nos apeadeiros de Nois e Cangas de Foz cambiaranse as actuais marquesiñas, xa deterioradas, seguindo o modelo doutras estacións da rede.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...