IniciosociedadeO BNG de Burela di que o Concello prioriza os intereses "dunha...

O BNG de Burela di que o Concello prioriza os intereses “dunha empresa privada” sobre os dos clubs de base

Os nacionalistas afirman que a patinaxe artística, que segundo o Concello levará "unha asociación", obriga a desprazarse a outros municipios a nenos das entidades deportivas

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Burela asegura que “nenas e nenos dos clubs deportivos da vila” teñen que adestrar “noutros concellos ou en horarios impropios da súa idade, rematando ás 22.00 horas”, dado que a actividade de patinaxe artístico das escolas deportivas, da que se encargará “unha empresa privada”, vai “ocupar horario de pavillón”.

O voceiro do BNG burelao, Mario Pillado, expón que malia que unha empresa privada prestou o servizo o ano anterior, o goberno en funcións non pode nesta ocasión licitar o contrato de “determinadas actividades que tiñan externalizadas”.

Deste xeito, argumenta Pillado, o goberno local “non ten ningunha obriga con ese servizo privado porque non pode formalizar o contrato. Mesmo se publicou que non ofertaría a actividade, pero agora vai ocupar horario de pavillón”, sostén.

O Concello de Burela afirma que asignou este servizo a unha asociación, unha versión que rexeitan os nacionalistas. “Os socialistas priman o negocio dunha empresa privada, por moito que a vaian enmascarar nunha agrupación, por riba do deporte base”, considera Pillado.

RECLAMAN UN NOVO PAVILLÓN

Ante as dificultades para cadrar horarios, o voceiro nacionalista remarca que “en xuño fixo un ano que presentanos a moción para a construcción do novo pavillón na que o alcalde se comprometeu a facerse cos terreos, a presentar un convenio de financiamento entre as administracións e a redactar o proxeto para a obra”, salienta Pillado.

O voceiro nacionalista conclúe que “(o alcalde Alfredo) Llano non cumpriu nada disto, optou por unha reforma que presenta uns prazos de máis que dubidoso cumprimento, o que atrancaría aínda máis o problema que temos na vila, cunhas instalacións deportivas saturadas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...