Un acertante de segunda categoría da Bonoloto en Burela, que cobrará 85.360 euros

A combinación gañadora foi a seguinte: 3, 12, 23, 19, 20 e 36; o número complementario resultou o 39, e o reintegro o 0

Boleto da Bonoloto. AXM

O sorteo da Bonoloto correspondente a este mércores, 2 de outubro, celebrado en Madrid, deixou dous acertantes de segunda categoría, un deles en Burela, que percibirá un total de 85.360 euros.

A combinación gañadora foi a seguinte: 3, 12, 23, 19, 20 e 36. O número complementario foi o 39, e o reintegro o 0.

Os gañadores do premio de segunda categoría deberon acertar cinco números da combinación e mailo complementario.

Os acertantes de terceira categoría, de cinco números da combinación, levarán un total de 1.016 euros. Houbo 84 premiados.

BOTE ACUMULADO

Loterías y Apuestas del Estado expón que, dado que non houbo acertantes de primeira categoría, de haber algún no vindeiro sorteo podería gañar 800.000 euros do bote xerado.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here