IniciosociedadeA Mariña tínguese de rosa contra o cancro de mama, con 33.307...

A Mariña tínguese de rosa contra o cancro de mama, con 33.307 novos casos no 2019

Concellos e asociacións preparan eventos os vindeiros días para colaborar coa AECC

Publicada o

- Advertisement -

Concellos e asociacións da Mariña Lucense adiantaron os actos que celebrarán a vindeira fin de semana para visibilizar a loita contra o cancro de mama. Trátase do tumor máis frecuente entre as mulleres, coa descuberta de 33.307 novos casos no que vai de 2019.

BURELA

A Asociación Esperanza informará no Hospital Público da Mariña, en Burela, e no centro de saúde burelao na mañá do vindeiro venres, con folletos informativos.

CERVO

O Concello de Cervo programa para o Día Mundial de Loita Contra o Cancro de Mama, o vindeiro sábado, 19 de outubro, unha Andaina Solidaria, que partirá ás 17.30 horas do peirao de San Cibrao. A continuación haberá unha sesión de Ioga na Casa do Mar.

Ademais, durante este mes de outubro “Mes Rosa”, permanecen iluminados desta cor os edificios públicos cervenses (antigas fábricas de salgadura, casa da cultura e concello) como acto simbólico de sensibilización sobre esta doenza.

FOZ

O día 26 haberá unha cea solidaria a prol da Asociación Española Contra o Cancro (AECC).

Cea baile solidaria. AXM

O concello loce de rosa desde o pasado luns, cando se celebrou unha concentración para visibilizar o cancro de mama.

Concentración en Foz. AXM

LOURENZÁ

En Lourenzá, o vindeiro mércores haberá unha xuntanza no Torreón (17.00 horas) para despois facer un gran lazo rosa con plantas solidarias nun lugar emblemático de Lourenzá. Ás 17.45 terá lugar unha charla sobre apoio psicosocial a pacientes con cancro, que será impartida pola traballadora social, Estefanía Corcoba Blanco. E as actividades rematarán ás 18.30 horas cunha merenda solidaria na que haberá mantecadas e chocolate. Os donativos que se recollan serán entregados á AECC.

Fachada da casa do concello laurentina, iluminada de rosa. AXM

Ademais, o consistorio laurentino loce de rosa nestes días.

O VALADOURO

A casa do concello do Valadouro iluminarase tamén de cor rosa ata o sábado 19 en apoio á AECC.

RIBADEO

En Ribadeo, a Asociación de Comercios, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) colabora coa AECC realizando unha recollida de donativos en arredor de 80 establecementos ata o 20 de outubro. A clientela que o desexe pode deixar as súas achegas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...