IniciosociedadeA Xunta entrega vivendas de promoción pública en Ribadeo e Mondoñedo

A Xunta entrega vivendas de promoción pública en Ribadeo e Mondoñedo

O Goberno autonómico ultima as obras de reforma dun edificio no barrio dos Muíños que permitirá ofertar dous novos fogares

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia fixo entrega de dúas vivendas de promoción pública nos concellos de Ribadeo e Mondoñedo. Nos actos participou o delegado territorial do Goberno autonómico en Lugo, José Manuel Balseiro, quen aproveitou para instar ás persoas interesadas en optar a este tipo de adxudicacións a inscribirse no Rexistro Único de Demandantes.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda entregou en Ribadeo un piso de dous dormitorios con garaxe e trasteiro, que mide 65 metros cadrados e está situado na rúa Rafael Fernández Cardoso. Neste caso, adxudicouse en compravenda, polo que se transfire a propiedade ao adxudicatario.

A vivenda adxudicada en Mondoñedo consta tamén de dous dormitorios e ten unha superficie de 55 metros cadrados; está situada na rúa Viñas da Veiga e adxudícase en réxime de alugueiro.

O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) xestiona as listas de adxudicatarios existentes nos distintos municipios, que se elaboran mediante sorteo entre as persoas que figuran inscritas no Rexistro Único de Demandantes. A inscrición pode realizarse presencialmente ou a través da sede electrónica da Xunta e ten unha vixencia de tres anos.

En Mondoñedo ademais a Xunta ultima, as obras de rehabilitación dun edificio na praza dos Muíños, que dará como resultado dúas novas vivendas de promoción pública de catro e tres dormitorios respectivamente. Tan só quedan pendentes para a súa finalización pequenos remates na obra e varios trámites administrativos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...