Alerta na Mariña por ondas superiores aos catro metros

Durante a madrugada do martes o aviso será amarelo, para activarse a advertencia laranxa ao longo do día

Temporal costeiro. EFE

O litorais da Coruña e da Mariña lucense volverán ter este martes alerta laranxa por ondas de cinco a seis metros de altura, mentres que será amarelo nas Rías Baixas.

Segundo o boletín de tempo meteorolóxico con avisos publicado por Meteogalicia, un centro de baixas presións situado ao noroeste de Galicia traerá ondas superiores aos catro metros, que poden superar o cinco metros no litoral norte.

En concreto, entre as 3.00 e as 9.00 horas o aviso será amarelo na Mariña, Costa da Morte e noroeste do litoral coruñés por ondas de catro a cinco metros de altura, tralo o que pasará a laranxa por mar de fondo do noroeste con ondas de cinco a seis metros.

Mentres, nas Rías Baixas o aviso amarelo activarase desde as 12.00 horas por ondas de catro a cinco metros de altura.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here