IniciosociedadeActivada a alerta laranxa por temporal costeiro en Lugo

Activada a alerta laranxa por temporal costeiro en Lugo

Haberá mar combinado do noroeste con ondas de cinco a seis metros

Publicada o

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta de Galicia activou a alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias de Lugo e A Coruña.

Segundo informou Vicepresidencia nun comunicado, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) avisa dun fenómeno adverso costeiro de nivel laranxa que comezará ás 12.00 horas deste martes no noroeste, oeste e sueste da Coruña e na Mariña Lucense. Haberá mar combinado do noroeste con ondas de cinco a seis metros.

O resto do litoral galego estará en nivel amarelo, tamén por mar combinado do noroeste, con ondas de catro a cinco metros, sinalou a Xunta.

Ademais, nas provincias de Pontevedra e A Coruña activarase o nivel de aviso amarelo por choivas, xa que as precipitacións acumuladas poderán alcanzar os 50 litros en menos de doce horas.

RECOMENDACIÓNS

Debido ao temporal costeiro, a Xunta recomenda permanecer lonxe da liña de costa e das praias e paseos marítimos co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...