IniciosociedadeAvogados propoñen incluír a Foz no Partido Xudicial de Mondoñedo para aliviar...

Avogados propoñen incluír a Foz no Partido Xudicial de Mondoñedo para aliviar a sobrecarga de Viveiro

Os letrados cren que sería "unha opción económica" para desconxestionar a Xustiza e que beneficiaría aos focegos ao estar o Xulgado máis cerca

Publicada o

- Advertisement -

Avogados da Mariña Lucense iniciaron esta semana conversas para creación dunha mesa co obxectivo de ofrecer solucións ao “colapso” dos Xulgados da comarca, trala denuncia realizada por dous traballadores, que denunciaron que -segundo datos do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), derivados dunha inspección realizada o pasado 7 de novembro- o Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 1 de Viveiro asume unha carga de traballo do 215%, é dicir, máis do dobre do que pode asumir; denunciaran ademais os empregados que a situación do número 2 é “similar”. Así, os letrados propoñen que o municipio de Foz sexa asumido polo Partido Xudicial de Mondoñedo.

MONDOÑEDO RECIBE MENOS ASUNTOS

Os Xulgados mindonienses, segundo os datos manexados, correspondentes ao exercicio 2018, non reciben tantos casos como os do Partido Xudicial de Viveiro –unha terceira parte menos– nin teñen o mesmo nivel de pendencia, cunhas 1.861 causas recibidas e 926 pendentes a final do curso os funcionarios de Xustiza dos Xulgados de Viveiro denunciaban unha acumulación de 3.075 asuntos só en materia civil-.

Deste xeito, os letrados mariñaos decidiron organizarse para canalizar propostas ás institucións para compensar esta carga. Así, aluden a tres razóns para propoñer que sexa o Partido Xudicial de Mondoñedo o que asuma o municipio de Foz, “sen prexuízo de realizar outras propostas que vaian saíndo no proceso”.

A NIVEL DE REXISTRO DA PROPIEDADE, FOZ PERTENCE AO PARTIDO XUDICIAL MINDONIENSE

Por un lado, resaltan que “por infraestruturas e carga de traballo” Mondoñedo podería soportar sen dificultades que se adscriba un novo municipio ao Partido Xudicial.

En segundo lugar, os avogados resaltan que existe unha contradicción que “ás veces xera confusión tanto a profesionais como a funcionais”, e é que o municio focego pertence rexistralmente -á hora de inscribir bens privados- ao Rexistro da Propiedade de Mondoñedo, mentres que no ámbito xudicial pertence a Viveiro.

“Non ten moito sentido que, por exemplo, un procedemento de execución hipotecaria que se leve a cabo ante o Xulgado viveirense teña que solicitar os mandamentos de certificación de cargas a Mondoñedo; é antinatura”, resaltan.

MENORES DISTANCIAS

Finalmente, argumentan unha razón “de ubicación xeográfica“, dado que para un cidadán de Foz non é o mesmo desprazarse a Viveiro -37 quilómetros desde a capital municipal- a Mondoñedo -25-.

Os avogados tamén resaltan que, a nivel poboacional, os Xulgados de Viveiro asumen os pleitos dunha poboación meirande, na que se inclúen tres das catro vilas máis poboadas da Mariña Lucense -Viveiro, Burela e Foz-, mentres que o Partido Xudicial de Mondoñedo asume a de Ribadeo.

Os funcionarios de Xustiza cifraban en 45.000 persoas –OurolO Vicedo, Viveiro, XoveCervo, Burela e Foz- o número de habitantes que forman parte do Partido Xudicial viveirense; se A Mariña conta con arredor de 72.000 persoas, o Partido Xudicial mindoniense ocúpase de 27.000. Deste xeito, unha parte da comarca padece “unha Xustiza máis lenta” ca outra.

Os letrados sinalan que, ante a demanda dun terceiro Xulgado para Viveiro, sen prexuízo de acadar esta petición, unha solución alomenos provisional “e moito máis económica, porque non requiría de acadar máis infraestruturas nin de recursos”.

BUSCARÁN UN ACORDO CO CONCELLO DE FOZ

Os avogados cren que sería unha posibilidade factible, pasando primeiro “por acadar un acordo co Concello de Foz, por suposto”. Consideran que non sería necesario modificar a Lei de demarcación de Planta, aforrando un trámite parlamentario.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...