IniciosociedadeO goberno de Foz propón a adhesión á Axenda 2030, con 17...

O goberno de Foz propón a adhesión á Axenda 2030, con 17 obxectivos de desenvolvemento sostible

O executivo pretende promover actividades de divulgación deste plan de acción da ONU e instalar un símbolo nalgún lugar do municipio para visualizar este compromiso

Publicada o

- Advertisement -

O goberno municipal de Foz levará ao pleno da corporación que se celebrará o vindeiro xoves unha moción para a adhesión á Axenda 2030 e aos seus 17 obxectivos de desenvolvemento sostible. Esta iniciativa contempla promover actividades de divulgación deste plan de acción e instalar un símbolo nalgún lugar do municipio focense para visualizar este compromiso.

A erradicación da pobreza e da fame, a igualdade de xénero, a educación de calidade, o traballo digno, a auga limpa e o saneamento ou a redución das desigualdades son algúns dos principios deste plan de acción acordado polos Estados membros da Organización de Nacións Unidas (ONU).

O concelleiro de Relacións Institucionais de Foz, o socialista Carlos García, explica que esta proposta do goberno local ten a intención de “fomentar o contrato social global que vén propulsado dende a ONU e que ten diversas índoles de actuación, como son a nacional, autonómica e, neste caso, municipal. Queremos reunirnos co Alto Comisionado para a Axenda 2030, coa cal xa tivemos un par de contactos, e coa Comisión Interdepartamental da Xunta de Galicia, para impulsar as medidas necesarias para promover o cumprimento de obxectivos de desenvolvemento sostible”.

Carlos García, edil de Relacións Institucionais de Foz. AXM

SÍMBOLO

García engade que o Concello quere “promover inicialmente actividades de divulgación” do plan no municipio. Ademais, expón, “queremos adaptar o logotipo da Axenda 2030 á identidade corporativa do Concello de Foz. E temos a intención de asignar unha localización física significativa do noso municipio a un símbolo co que visualizar o compromiso con esta iniciativa”, expón.

REVISIÓN ANUAL DE OBXECTIVOS

Deste xeito, o goberno anima a todas as forzas políticas con representación no Concello a “asumir o desafío” de “xuntarnos con entidades supramunicipais e promover accións estratéxicas” nos eidos “medioambiental, económico e social” para un Foz “máis habitable e inclusivo“. García precisa que “esta proposta terá unha revisión anual de reformulación de obxectivos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...