Aviso laranxa na bisbarra por refachos de vento de máis de 100 quilómetros por hora

Meteogalicia tamén activará a alerta por ondas, que poden superar os catro metros de altura

Mapa de Meteogalicia. AXM

A comarca da Mariña Lucense permanecerá este martes baixo aviso amarelo e laranxa por fortes refachos de vento e ondas que subirán dos catro metros de altura, segundo comunicou Meteogalicia, organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente.

A situación será máis complicada a partir das 18.00 horas, momento no que se endurecerá a alerta por refachos que poden superar os 100 quilómetros por hora (km/h).

A ondada prevese máis forte durante a mañá, entre as 6.00 e as 15.00 horas, período no que estará activada a alerta laranxa por ondas que poden sobrepasar os catro metros de alturaPodes ler a información completa no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here