Manteñen a petición de 30 anos para o home que supostamente tentou matar á súa ex parella en Foz

O xuízo quedou visto para sentenza; Fiscalía e acusación particular consideran probada a autoría dos feitos, mentres que a defensa lamenta "ter que demostrar a inocencia" do encausado

O acusado, na súa entrada á Audiencia Provincial de Lugo. ELISEO TRIGO/EFE

EFE. O xuízo contra Luís Miguel S. V., un veciño de Foz acusado de intentar matar en marzo de 2018 á súa ex parella e ao fillo desta, abrindo os fogóns da cociña e as bombonas de butano dunha estufa e dun quentador que había na vivenda na que ambos residían, quedou visto para sentenza na Audiencia Provincial de Lugo.

Tanto a acusación particular como o ministerio fiscal consideran que a proba practicada na vista oral non deixou dúbidas sobre a autoría dos feitos, polo que manteñen a petición dunha pena de 30 anos de cárcere para o acusado.

O avogado que se ocupa da defensa de Luís Miguel S. V., o letrado Joaquín Gayoso, dixo que “é curioso que nestes tempos no canto de ser a acusación” a que acredite a culpabilidade “teña que ser a defensa a que demostre” a inocencia do seu patrocinado.

Desde o seu punto de vista, as probas deixan claro que “os intentos de asasinato en absoluto existiron, tampouco o roubo e os danos” na vivenda da vítima que o ministerio fiscal lle imputa ao seu cliente.

Tanto o letrado como o propio acusado si recoñeceron que houbo un “claro quebrantamento” da orde de afastamento dictada no seu momento polo Xulgado de Viveiro.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here