IniciosociedadeO PP cita a ampliación do Hospital como exemplo de investimento da...

O PP cita a ampliación do Hospital como exemplo de investimento da Xunta tralas críticas dos socialistas

Os conservadores afirman que a dragaxe dos portos de Celeiro-Viveiro e Ribadeo iniciaranse "cando as condicións meteorolóxicas o permitan"

Publicada o

- Advertisement -

O PP saíu este sábado ao paso das críticas realizadas polos alcaldes socialistas da Mariña Lucense, que acusaron á Xunta de “manter á marxe” á bisbarra dos investimentos da Xunta de Galicia, e aseguraron que “o Goberno de Feijóo é o que máis inviste na comarca”.  Así o manifestaron os candidatos do Partido Popular por Lugo ao Parlamento galego, José Manuel Balseiro e Daniel Vega, durante o reparto que levaron a cabo xunto ao edil José Manuel Lamela no mercado do Valadouro do xornal elaborado polo partido conservador de cara ás eleccións autonómicas.

Os populares falaron da “ampliación do Hospital da Costa, as obras do segundo martelo do porto de Burela -en execución e cun investimento dun millón de euros- ou a remodelación integral da nave de redes, licitada por 287.000 euros” para exemplificar a achega da Xunta. Afirmaron que a dragaxe dos portos de Celeiro-Viveiro e Ribadeo iniciaranse “cando as condicións meteorolóxicas o permitan”.

En materia de desenvolvemento industrial, “a Xunta de Galicia é a única administración que está apostando polo solo industrial na comarca”, segundo manifestaron os candidatos do PP. “A administración autonómica está a aplicar bonificacións do 50% sobre o prezo de compra das parcelas e achegando facilidades para o alugueiro do solo industrial nos polígonos da súa competencia”, explicaron.

No tocante ao sector forestal, os dirixentes populares remarcaron que a bisbarra “é unha potencia galega e, como tal, é a máis beneficiada polos apoios do Goberno galego ao sector”, segundo manifestan os conservadores, que se dirixen á compra de maquinaria, á limpeza de fincas forestais ou, incluso, á posta en marcha de distintas iniciativas relacionadas co aproveitamento madeireiro”.

ALCOA

Vega e Balseiro afirmaron finalente que os socialistas “néganse a falar do principal problema da Mariña, a crise de emprego en Alcoa provocada por unha decisión inxusta e unilateral do PSOE”. A cabeza de lista dos socialistas de Lugo ao Parlamento (Patricia Otero) “non só non di nada ao respecto, senón que apoia a decisión do Goberno de Pedro Sánchez”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...