IniciosociedadeDous novos positivos por coronavirus na provincia, un deles ingresado no Hospital...

Dous novos positivos por coronavirus na provincia, un deles ingresado no Hospital da Mariña

Trátase dunha muller que permanece desde hai días no centro hospitalario de Burela

Publicada o

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 885, deles 226 son da área da Coruña, 58 da de Lugo, 95 da de Ourense, 136 da de Pontevedra, 212 da área de Vigo, 130 da de Santiago de Compostela e 28 da de Ferrol.

Así, despois de dúas xornadas de importante crecemento dos casos na provincia de Lugo -18 novos nos últimos dous días-, este domingo confirmáronse dous positivos, un deles na Mariña Lucense, o dunha muller que permanece desde hai días ingresada no Hospital Público da Mariña e á que se lle someteu ao test.

O número de positivos, con todo, podería aumentar nos vindeiros días dado que todo paciente respiratorio que necesite ingreso no centro hospitalario de Burela trátase como posible caso de Covid-19 e sométese ao test. Neste caso, segundo puido saber Xornal da Mariña, hai alomenos oito persoas neste caso, pendentes de resultados.

Do total de pacientes positivos, 33 permanecen en Unidade de Coidados Intensivos (UCI) -entre eles un varón residente en Viveiro-, 227 están en unidades de hospitalización e 625 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 16 altas de pacientes e 14 falecementos. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...