IniciosociedadeOs Ertes solicitados na provincia afectan a máis de 9.000 traballadores

Os Ertes solicitados na provincia afectan a máis de 9.000 traballadores

O número de peticións aumentou de 104 a 2.671 empresas nun prazo de oito días

Publicada o

- Advertisement -

As solicitudes de Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (Ertes) trala declaración do estado de alarma por mor do coronavirus ascenden a 2.671 na provincia de Lugo, segundo datos ofrecidos pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. O pasado 18 de marzo, 104 empresas pediran acollerse a este procedemento.

 

ERTES

PERSOAS TRABALLADORAS

A Coruña

8.122

37.566

Lugo

2.671

9.064

Ourense

2.585

10.059

Pontevedra

6.970

44.973

Autonómico

618

10.622

Estatal

21

s.d.

TOTAL

20.987

112.284

 

Os Ertes solicitados afectarían a un total de 9.064 traballadores, segundo as mesmas fontes. No total de Galicia presentáronse case 21.000 expedientes (20.987), que afectarían a 112.284 obreiros.

GONDÁN PARALIZA A PRODUCIÓN ATA O 13 DE ABRIL

Astilleros Gondán, de Castropol, advertiu da “suspensión da actividade presencial” alomenos ata o 13 de abril nas instalacións. A firma anunciou nun comunicado de prensa un acordo co comité de empresa para “compensar as xornadas non traballadas en futuros festivos e períodos vacacionais”. A compañía sostén que non houbo ningún positivo nin no persoal nin nas subcontratas habituais.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...