InicioEconomíaO administrador ve na fase de liquidación de Muebles Hermida a única...

O administrador ve na fase de liquidación de Muebles Hermida a única vía para optar a unha venta

A disolución suporá a extinción do contrato duns 90 traballadores, aos que se lles adebeda o mes de xaneiro

Publicada o

- Advertisement -

O Xulgado de Primeira Instrución Número 2 e Mercantil de Lugo emitiu o pasado 28 de abril o auto que abre a fase de liquidación de Muebles Hermida, unha vez a moblería de Lourenzá non superou o concurso voluntario de acredores. Segundo expuxeron fontes sindicais, o administrador concursal, Javier Reigosa, ve a disolución da empresa como a única forma de poder atraer un comprador.

A medida suporá a extinción dos contratos duns 90 traballadores, que entraran a finais de xaneiro nun Expediente de Regulamento Temporal de Emprego (Erte) acordado polo administrador concursal e a asemblea de persoal, cunha duración máxima de nove meses, unha alternativa proposta daquela con idéntico fin: favorecer unha inxección de capital. Cercada pola débeda, a dirección de Muebles Hermida solicitara o concurso voluntario de acredores o pasado mes de decembro.

En diante, o administrador concursal asume o control total da entidade e terá un prazo de quince días para presentar un plan de liquidación, incluíndo os bens e dereitos integrados na masa do concursado, a fin de cubrir o máximo pasivo posible.

A extinción dos postos de traballo requerirá do correspondente período de consultas. O administrador concursal reunirase, ben presencial ben telematicamente, coa representación sindical da empresa a vindeira semana. Contra o auto cabe recurso.

Os traballadores cobraran do Fondo de Garantía Social (Fogasa) os meses de setembro, outubro, novembro e decembro adebedados pola firma, mentres que o de xaneiro foi contra a masa. A débeda dese mes será subrogada para un futuro investidor ou, de haber liquidación final, quedará pendente de subsanar coa venta de maquinaria, edificios e outros bens.

INCAPAZ DE ACUMULAR MÁIS DÉBEDA

Segundo as mesmas fontes, o motivo alegado polo administrador concursal para xustificar a liquidación é que a empresa non é capaz de acumular máis débeda da contraída, dado que debía asumir, estando nun Erte, o pago da Seguridade Social dos traballadores. Neste sentido, considérase que a disolución é a única maneira de favorecer opcións de compra, xa que unha vez extintos os contratos, un futuro comprador non tería a obriga legal de manter os 93 postos de traballo.

Por agora non se plantexa asinar un convenio cos acredores para a realización da quita e do aprazamento dos pagos das cantidades adebedadas, a fin de que un posible investidor poidese participar no proceso de negociación. Segundo explicaron as mencionadas fontes, practicamente o 90% da débeda de Muebles Hermida foi contraída coa mesma entidade bancaria.

CIG e UGT queixáronse de que se enteraron por outras vías da apertura da fase de liquidación e de que o administrador concursal non os advertiu da situación, o que xustificou, segundo fontes sindicais, argumentando que se trata “dun paso natural” dentro do proceso. O sindicato socialista queixouse sobre a forma na que representantes da central nacionalista deixaron a empresa, minguando a representación do comité.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...