O número de positivos na provincia baixa a 77; quinto día sen ingresados no Hospital da Mariña

O Sergas documenta un único positivo nos xeriátricos da bisbarra, en Mirador del Eo

Limpeza do GES de Cervo no hospital. AXM

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo segue a minguar, segundo a estatística oficial do Servizo Galego de Saúde (Sergas). Se o pasado sábado documentábase un descenso de 23 positivos, para un total de 99, no reconto da Consellería de Sanidade deste domingo contabilízanse 77, 22 menos.

O Hospital Público da Mariña segue sen ingresados a causa da pandemia, segundo os datos oficiais. Na provincia de Lugo hai catro persoas hospitalizadas, as catro na Unidade de Coidados Intensivos (Uci) do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Os outros 73 casos activos permanecen en domicilio.

No histórico da pandemia na provincia, segundo o Sergas, morreron 27 persoas, cinco delas na Mariña. Déronse 823 altas.

A nivel galego, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 1.199, deles 277 son da área da Coruña, 77 da de Lugo, 209 da de Ourense, 62 da de Pontevedra, 352 da área de Vigo, 187 da de Santiago, e 35 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 18 permanecen en Uci, 94 están en unidades de hospitalización e 1.087 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.155 persoas curadas, rexistrándose 606 falecementos. O número de PCR realizadas é de 125.832.

No tocante ás residencias, non se produciron cambios. O único positivo documentado nos xeriátricos da Mariña Lucense é o dun usuario da vivenda comunitaria privada Mirador del Eo, en Ribadeo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here