InicioM.ambiente e PatrimonioAberto o prazo para presentar ofertas de compra de inmobles no casco...

Aberto o prazo para presentar ofertas de compra de inmobles no casco histórico de Mondoñedo

A Xunta dedicará dentro do programa Rexurbe 300.000 euros a adquirir de edificios para rehabilitalos e ofrecer vivendas en alugueiro

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), abriu este xoves o prazo para a presentación de ofertas para a adquisición de inmobles no Casco Histórico de Mondoñedo, ao abeiro do Programa Rexurbe.

Trátase da primeira vez que se realiza neste concello unha oferta pública destas características por ter xa a declaración de Área Rexurbe, recollida na Lei de rehabilitación de Galicia, e moi avanzada a redacción do Plan de dinamización.

Segundo consta na resolución publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, a Xunta destina 300.000 euros para facerse propietaria de edificios e fincas neste conxunto histórico, co fin de rehabilitalos e ofrecer vivendas en alugueiro ao veciños.

O 25 DE AGOSTO, DATA LÍMITE

Todos aqueles propietarios que estean interesados en presentar as súas ofertas á Administración galega dispoñen ata o 25 de agosto para achegar as mesmas. Cómpre recordar que a oferta pública do Programa Rexurbe lanzada pola Xunta neste ano ascende a 1,5 millóns para adquirir inmobles na Coruña, Mondoñedo e Ribadavia e da continuidade á realizada en 2018 e 2019, polas cales se adquiriron 37 inmobles nos concellos de Betanzos, Ferrol, Lugo, Ourense, Ribadavia e Tui.

Dentro de cada un dos ámbitos seleccionados “establécese como obxectivo actuar preferentemente nas zonas onde exista un maior número de edificacións ou solares en estado de abandono ou semiabandono, procurando concentrar as intervencións para conseguir un maior impacto na rexeneración urbana”, argumenta a Xunta.

Unha vez adquiridos os inmobles, o IGVS “procederá á súa rehabilitación e as vivendas serán cualificadas como de promoción pública e destinadas ao alugueiro”.

REQUISITOS

Os edificios ou parcelas que se adquiran no marco deste oferta pública deberán reunir uns requisitos mínimos que permitan:

– Que as novas vivendas, froito da actuación, reúnan as condicións óptimas dende o punto de vista do confort e habitabilidade.
– Non deben estar afectados por servidumes ou cargas que podan facer inviable a actuación.
– Que os custos da rehabilitación non resulten desproporcionados.

O GOBERNO AUTONÓMICO PREVÉ MERCAR 25 EDIFICIOS EN TODA GALICIA

Segundo as estimacións realizadas polo IGVS, os 1,5 millóns de euros da actual convocatoria permitirán adquirir uns 25 inmobles, para habilitar máis de 50 vivendas, aínda que o número definitivo dependerá dos edificios que finalmente se compren e dos proxectos construtivos e de rehabilitación de cada un. En todo caso, as vivendas resultantes pasarían a incrementar o parque de vivendas de promoción publica do IGVS, que serían adxudicadas a outras tantas familias contribuíndo a fixar poboación nestes conxuntos históricos e á súa dinamización e rexeneración urbana.

Así mesmo, en caso de que unha vez resolta o oferta pública queden dispoñibles parte dos fondos destinados a este concello, esa contía podería redistribuírse entre os outros municipios incluídos no programa Rexurbe co fin de adquirir máis inmobles para rehabilitar.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...