A Xunta inicia en Burela o cribado aos profesionais máis expostos ao brote

Está previsto que se amplíe a outros municipios da Mariña nos próximos días e contará coa participación de traballadores que "desempeñan tarefas susceptibles de contaxio"

Sanitario. MIGUEL NÚÑEZ/XORNAL DE VIGO

EFE. Un estudo epidemiolóxico realizado entre os profesionais máis expostos ao coronavirus, entre os que se inclúen médicos, enfermeiras e equipos de emerxencias, comezou este martes na localidade de Burela para detectar o alcance das infeccións por mor do brote na comarca lucense da Mariña.
Así o confirmaron a Efe fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas), o órgano de xestión do sistema de saúde público de Galicia. Segundo indicaron, tamén está previsto que o estudo se amplíe nos vindeiros días a outras zonas da comarca.
Parte dos 70.000 habitantes que residen na Mariña están sometidos a restricións de movemento para evitar unha propagación das infeccións por coronavirus, que afecta, segundo os datos oficiais, a 163 persoas.
Serán sometidos ás probas diagnósticas profesionais que desempeñan tarefas susceptibles de contaxio de coronavirus, como por exemplo médicos, enfermeiros e persoal asistencial de centros de atención primaria e hospitais, ademais de policías, integrantes de servizos de emerxencias e funcionarios.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here