Diego Anido e Guillermo Paz, gañadores do cuarto certame Amarte

Os artistas lucense e malagueño resultaron gañadores coa súa obra 'Mar revolto'; Hipólito Xeada obtivo o segundo premio e Martín Cal o terceiro

Gañadores do certame Amarte

JUAN MAYA. O pasado domingo, Diego Anido (Lugo) e Guillermo Paz (Málaga) gañaron o primeiro premio do cuarto certame de pintura mural Amarte, que se celebra cada ano no muro do peirao de Burela.

A edición deste ano arrancou o 30 de xullo e participaron un total de nove artistas. Os xa mencionados Anido e Paz gañaron os 1.500 euros do primeiro premio e tamén o trofeo coa súa obra “Mar revolto“. Pola súa banda, Hipólito Xeada, de Alfoz, conseguiu o segundo premio por “A mirada do mar” e obtivo 750 euros e o trofeo, e Martín Cal, de Ortigueira, conseguiu o terceiro premio de 300 euros e o trofeo, coa obra “O gardián do mar“.

Tamén resultou premiado o traballo do artista local Héctor Manasé, de Burela, con “Arraigados“, que recibiu 300 euros e máis o trofeo.

O xurado desta edición estivo formado por David Catá e Anxo Rubiños, dous dos artistas gañadores do certame, nos anos 2019 e 2017, respectivamente, e tamén polo técnico de Cultura do Concello, Anxo Rubiños.

Diego Anido e Guillermo Paz, gañadores do certame Amarte

UNHA “IMBORRABLE PEGADA” NO PEIRAO

A Concellería de Cultura enviou mensaxes con parabéns aos participantes polo seu “enorme talento, por compartir con nós varios días con magnífico ambiente e por deixar para sempre a vosa alma e imborrable pegada no noso peirao”, e tamén agradeceron o traballo do ceramista Alfonso Otero Regal, do grupo de gaitas da SCR Ledicia e da ACM Dambara, así como a colaboración do CCA Burela e o Hotel Nordés.

“Unha vez máis, como era obvio, o arte e a cultura vencen calquera pandemia. Para o ano máis e mellor”, concluíron.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here