IniciosociedadeDúas vítimas mortais con Covid-19 na residencia de Cervo, unha muller de...

Dúas vítimas mortais con Covid-19 na residencia de Cervo, unha muller de 89 anos e un home de 81

Outras sete persoas con Covid-19 faleceron nas últimas 24 horas en hospitais galegos, segundo a Consellería de Sanidade

Publicada o

- Advertisement -

Unha muller de 89 anos que contraera o coronavirus faleceu no Hospital Público da Mariña, segundo informou este domingo o Servizo Galego de Saúde (Sergas). Trátase dunha residente no xeriátrico de Cervo, onde nos últimos días localizouse un brote con máis de 30 persoas afectadas, entre maiores e traballadores. Ademais, outro usuario do centro, un home de 81 anos, igualmente diagnosticado de Covid-19, morreu o pasado día 30.

Outras sete persoas con Covid-19 faleceron nas últimas 24 horas en hospitais galegos, segundo a Consellería de Sanidade. Un varón de 80 anos, no CHOP; unha muller de 84 anos, no CHUAC, residente en Ballesol-Oleiros; unha muller de 73 anos, no CHUO, procedente do xeriátrico Nosa Señora dos Anxos; unha muller de 90 anos, no Hospital de Valdeorras, procedente de Val de Godos, de Viana do Bolo; outras dúas mulleres, de 88 e 85 anos, no CHUO.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...