IniciosociedadeLlano pedirá "esta semana" recuperar a hostalería e a mobilidade se Burela...

Llano pedirá “esta semana” recuperar a hostalería e a mobilidade se Burela segue en alerta laranxa

 O rexedor burelao non cuestiona o toque de queda pero defende que "temos que equilibrar a seguridade sanitaria coa actividade socioeconómica, cultural e deportiva"

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano, asegurou despois de que o municipio saíse da alerta vermella, que “de seguir así” a situación epidemiolóxica solicitará a finais desta semana “recuperar a actividade socioeconómica, cultural e deportiva”. O burelao é un dos 60 concellos, entre eles tamén Viveiro, nos que a Xunta de Galicia pechou a hostalería e estableceu un confinamento perimetral para evitar contaxios da Covid-19.

En declaracións aos medios de comunicación, Llano valorou os datos -en Burela localizáronse entre 14 e 21 casos novos nos últimos sete días– e agradeceu “o bo comportamento” que está a ter a veciñanza, que “trae consecuencias positivas”.

“Se seguimos así, e imos agardar ata final de semana, solicitarei recuperar a actividade socioeconómica, a cultural e a deportiva“, expuxo Llano, que non cuestionou o toque de queda, de 23.00 a 6.00 horas. “Iso pode ser así, pero temos que equilibrar a seguridade sanitaria coa actividade socioeconómica; hai que recuperar a hostalería e a restauración e tamén as cuestións culturais ou deportivas”, remarcou.

“A corresponsabilidade está funcionando e a xente está tendo coidado cos protocolos; penso que imos ben”, xulgou.

Llano tamén se referiu ao confinamento perimetral; “sería unha boa nova á apertura para desprazarnos” e que xente da Mariña e doutras procedencias “tamén poida moverse a Burela”.

“Animo a todos a manter este comportamento modélico, porque este é un problema de todos, un obxectivo común; temos que tentalo entre todos porque conseguilo benefícianos a todos“, concluíu.

O comité clínico da Xunta de Galicia reuníase este martes, sen que estivesen previstas variacións nas restricións adoptadas. A idea do Goberno autonómico é mantelas durante un certo tempo, co obxectivo de salvar a campaña de Nadal. A vindeira xuntanza será o venres.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...