IniciosociedadeA provincia de Lugo suma 88 novos contaxios e 4 hospitalizacións

A provincia de Lugo suma 88 novos contaxios e 4 hospitalizacións

Viveiro rexistra 16 novos casos de Covid-19 e unha persoa do Hospital da Mariña recibe a alta.

Publicada o

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo segue aumentando os casos de Covid entre a súa poboación a un ritmo sostido. Se ben na xornada anterior se sobrepasaba de novo o limiar dos 1.000 ata os 1.031, este domingo a provincia de Lugo alcanza os 1.098 contaxios activos, segundo o reconto ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desta maneira, nas últimas 24 horas confirmáronse un total de 88 novos contaxios a través da proba PCR. Isto implica un aumento de 4 casos con respecto aos rexistrados o día anterior, cando se detectaron 84.

A situación nos hospitais tamén se mantén á alza. Das 1.098 persoas contaxiadas, 37 atópanse en unidades de hospitalización, de maneira que dúas persoas máis foron ingresadas nas últimas 24 horas. Tamén se incrementa o número de persoas que se atopan en coidados intensivos: se na xornada anterior se contaban catro – todos eles no C.H.U. de Lugo -, este domingo rexístranse seis. Estas dúas persoas foron trasladadas dende o Hospital de Ferrol ao Lucus Augusti polo aumento da presión hospitalaria no primeiro.

O reparto por hospitais queda, pois, do seguinte xeito: o Hospital Público da Mariña atende 13 pacientes infectados – 1 menos –, o C.H.U. de Lugo conta con 19 – tres máis, e entre eles, os seis en coidados intensivos –, e o Hospital de Monforte rexistra cinco pacientes – sen cambios -. En total son 43 hospitalizados.

SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA MUNICIPAL

Por municipios da Mariña, Viveiro segue aumentando o número de positivos confirmados nos últimos 14 días, cun total de 265 contaxios (16 máis). Xove comunica 111 (1 máis), Burela 51 (2 máis), O Vicedo 20 (3 máis), Ribadeo 19 (sen cambios) e Cervo 21 (sen cambios). Lourenzá mantense polo momento libre de casos de Covid e o resto de concellos da Mariña teñen menos de dez casos detectados nese mesmo período.

No histórico da provincia documéntanse 151 falecidos, 7.009 altas e 8.264 casos acumulados dende o inicio da pandemia. Fixéronse, ademais, un total de 140.146 probas PCR.

SITUACIÓN NAS RESIDENCIAS DE MAIORES

Saen do cómputo por negativizar nas probas diagnósticas cinco maiores da residencia da Pastoriza, que se mantén, polo tanto, con 33 positivos. Os apartamentos San Bartolomeu de Xove rexistran un novo positivo entre os seus usuarios, de maneira que contabilizan un total de 4. A residencia San Bartolomeu de Xove rexistra este domingo 12 casos positivos totais – 3 menos ca na xornada anterior -; e a residencia de Burela 3 contaxios. A Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo mantense con 11 casos activos.

CASE 60 HOSPITALIZACIÓNS EN GALICIA

Galicia sumou outros 58 hospitalizados con coronavirus nunha xornada na que os positivos detectados por proba PCR volven estar en máximos da pandemia. Os 1.124 casos diagnosticados supoñen a segunda cifra máis alta ata a data, só superada polos positivos do sábado, día no que se realizaron unhas 600 probas máis que as practicadas nas últimas 24 horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...