IniciosociedadeBurela lanza 'Musicarte', o primeiro concurso galego de videoclips para escolas de...

Burela lanza ‘Musicarte’, o primeiro concurso galego de videoclips para escolas de música e conservatorios

O certame, con prazo para participar ata mediados de xuño, premiará a mellor peza audiovisual, a versión e o traballo en galego máis logrados, e a elección do voto popular

Publicada o

- Advertisement -

A Concellería de Cultura de Burela organiza o I Certame Galego de Videoclips Musicais no que poderán participar as escolas de música, conservatorios e centros de ensino musical. No certame, que se denomina Music@rte, concederanse catro premios, cuxa contía se está a perfilar neste momento ao igual que as bases. O prazo de presentación de traballos rematará a mediados de xuño e cada centro poderá enviar un máximo de cinco, dunha duración entre un e cinco minutos.

O edil de Cultura, José Díaz, anunciou que “desde o Concello de Burela queremos presentar unha iniciativa que imos desenvolver no 2021, que xurde de todo isto que está pasando e que tanto está a afectar a todos os sectores, tamén á educación e á cultura. A escola de música en todo este período está pechada, como todas as do país, pero séguese a desenvolver unha actividade importante en redes”, argumentou.

O concelleiro explicou que os centros, tanto públicos coma privados, “terán que enviarnos, vía e-mail, as súas propostas, entre un e cinco minutos de duración, e con formatos típicos de vídeo. Poden saír unha ou varias persoas, pero o representante legal desde videoclip ten que ser un adulto, ben sexa profesor ou un alumno maior de idade”, concretou. Díaz agarda que as bases “saian este mes”.

A partir dos envíos realizarase “unha preselección” e os vídeos subiranse á canle de Youtube municipal; os espectadores poderán votar, dado que un dos catro premios que se concederán será o premio do público, no que se terán en conta “os comentarios positivos que expliquen o motivo polo que se vota ao seu favor. Imos nomear un xurado que estará composto por entre tres e cinco persoas, buscaremos xente de certo nome a nivel musical para o máximo rigor”, engadiu.

PRETENDE PROMOVER “A EDUCACIÓN EN VALORES”

Díaz expuxo que se valorará “a calidade do videoclip, pero tamén o mensaxe social, a educación en valores do alumnado que traballe nesa peza, a interpretación e a complexidade”.

Os premios serán os seguintes: mellor videoclip inédito, mellor versión, mellor videoclip en galego e premio do público.

“Pretendemos presentar este certame, xunto co director da Escola de Música de Burela, Xan Carballal, a semana que vén. Ogallá poidamos promocionalo ben e que participe o maior número de alumnos posible”, rematou Díaz.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...