InicioCentralConsenso en Foz a instancias do BNG para solicitar á Xunta unha...

Consenso en Foz a instancias do BNG para solicitar á Xunta unha matroa no centro de saúde

Os nacionalistas entenden que non contar cunha profesional deste tipo "é unha discriminación" para un dos municipios "con maior natalidade da provincia"

Publicada o

- Advertisement -

A corporación municipal de Foz aprobou por unanimidade, a instancias do BNG, solicitar á Xunta de Galicia unha matroa para o centro de saúde. A moción da formación nacionalista suscitou o consenso, cos votos a favor de PSdeG, PP e FPF.

Esta categoría profesional, expuxeron os nacionalistas, “ten por riba das funcións que realizan na atención ao parto, outras que, realizan na atención primaria e que son de enorme importancia para a saúde reproductiva e non reproductiva das mulleres: pódense encargar de realizar citoloxías, informar sobre métodos anticonceptivos, ser asesoras no climaterio e coordinar esforzos para a detección do cancro de cérvix“. Así, destacaron que “a ausencia de matroa nun concello como o de Foz, cunha natalidade das mais altas da provincia (segundo os dados do Instituto Galego de Estatística), é indefendible e unha clara discriminación con respecto a outros concellos”, remarcando que o centro de saúde “tiña e ten espazo físico para esta figura, mais nunca foi dotada”.

O concelleiro do Bloque Iago Villamil lembrou que a proposta da creación dunha praza de enfermeira especialista en obstetricia e xinecoloxía (matroa), foi formulada no 2017, pero “o PP na Xunta de Galicia non fixo caso”.

Villamil argumentou, ao contrario, que “nos últimos anos, o concello de Foz sufre unha merma histórica nos servizos sanitarios. Á perda da ambulancia nocturna, sumouse a perda das urxencias de tarde, a perda do TES da ambulancia medicalizada, a perda dunha praza de auxiliar de enfermería, a sistemática non cobertura das baixas, (ou coberturas parciais por medias xornadas durante meses), a non cobertura da reducción de xornada do Servizo de Pediatría, a carencia sistemática de PSX para a atención nas citacións e un longo etcétera”, indicou, salientando a importancia destas prestacións “para fixar poboación no municipio”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...