InicioOrientalBarreirosCostas e Subdelegación analizan os proxectos da praia de Altar e o...

Costas e Subdelegación analizan os proxectos da praia de Altar e o do paseo dos Castelos, no Videco

Publicada o

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión de traballo co xefe provincial de Costas, José Miguel Estevan, no que trataron sobre as actuacións previstas para os distintos concellos da comarca da Mariña.

Entre os proxectos máis polémicos está o da estabilización da praia de Altar. Sobre este tema subdelegada lembrou que está sometido ao procedemento de información pública para recoller as achegas que queiran facer todas as institucións, colectivos e cidadáns.

A subdelegada asegurou que todas as opinións serán avaliadas e tidas en conta e tamén expresou a súa total receptividade a recibir, nos próximos días, aos alcaldes de Barreiros, Ana Ermida, e Foz, Fran Cajoto, que este xoves insistiron na necesidade de reunirse con ela para abordar esta problemática.

Entre outros proxectos que abordaron Subdelegación e Costas está o proxecto de creación do paseo dos Castelos, no municipio do Vicedo, que está en fase de redacción, así como as intervencións de conservación e mantemento previstas para este ano, entre as que hai varias dirixidas á protección dos sistemas dunares.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...