IniciosociedadeXa hai candidatos para construír o novo edifico do Hospital da Mariña

Xa hai candidatos para construír o novo edifico do Hospital da Mariña

Tres empresas optan a redactar o proxecto das próximas fases do hospital.

Publicada o

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou hoxe en sede parlamentaria sobre as melloras realizadas nas infraestruturas sanitarias da provincia de Lugo, entre elas, as que teñen que ver co Hospital da Mariña.

Así, indicou que se continúa avanzando na mellora de todas as súas instalacións e lembrou que xa están remataron as fases 0,1A e 1B coa execución dun novo edificio para consultas externas e de hospitalización, así como o novo aparcadoiro e a reforma do edificio existente.

O seguinte paso é executar as Fases II e III coa construción dun novo edificio anexo sen funcións asistenciais Tamén se reformarán diversas áreas do edificio existente, ampliarase a área de urxencias, reformarase a área de cirurxía maior ambulatoria, a URPA (unidade de recuperación postanestésica) e a unidade de críticos.

O proxecto básico de execución e de dirección facultativa destas dúas fases atópase agora mesmo en licitación e xa rematou a fase de presentación de ofertas, á que se teñen presentado tres empresas.

O conselleiro de Sanidade pechou a súa intervención parlamentaria remarcando que a Xunta segue traballando na mellora das infraestruturas sanitarias na provincia e dos servizos e prestacións que levan aparellados, para abordar do mellor xeito posible as necesidades da poboación luguesa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...