Sidenor súmase a Trafigura e tamén presenta oferta non vinculante pola planta de Alcoa en San Cibrao

Destaca que aposta"por unha implicación a longo prazo no futuro da fábrica de San Cibrao, afastada de calquera formulación especulativa, e centrada no mantemento e desenvolvemento da actividade e por tanto do emprego".

Un traballador de Alcoa, nunha protesta contra o ERE. DIEGO ALONSO COBELO

Sidenor, con centros de produción no País Vasco, Cantabria e Cataluña, presentou esta semana a Alcoa unha oferta non vinculante pola planta de aluminio de San Cibrao, en Cervo, na que reivindica o seu coñecemento e experiencia para levar a cabo un proxecto industrial nun sector básico para a economía do país.

A través dunha nota de prensa destaca que aposta así “por unha implicación a longo prazo no futuro da fábrica de San Cibrao, afastada de calquera formulación especulativa, e centrada no mantemento e desenvolvemento da actividade e por tanto do emprego“.

Caracterizada por “un forte compromiso cos traballadores e o emprego de calidade”, Sidenor expón a súa dilatada traxectoria industrial que, defende, aválaa.

Nos últimos anos afirma levar a cabo “grandes investimentos para situar á empresa na vangarda do sector en Europa”. Destaca a súa aposta pola dixitalización e a fabricación intelixente, ademais do seu “respecto polo medio ambiente e pola sustentabilidade”.

Trátase en concreto dun grupo industrial líder na produción de aceiros longos especiais. Dispón de centros de produción no País Vasco, Cantabria e Cataluña e conta con delegacións comerciais en Alemaña, Francia, Italia e Reino Unido.

Posúe un dos maiores centros de I+D entre os produtores de aceiro especial europeos, no que leva a cabo desenvolvementos tecnolóxicos para a creación de novos produtos e para a optimización dos seus procesos.

OS PRIMEIROS NA OFERTA NON VINCULANTE

Pola súa banda, da multinacional suíza Trafigura, o presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, indicou que “foi a primeira que se reuniu” con eles, pero “por confidencialidade pediron que non se dese o seu nome ata que non tivesen claro que se podía facer a operación e que podía saír ben”.

“Agora que estudaron todos os números foron os primeiros que fixeron unha oferta non vinculante”, subliñou.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here