IniciosociedadeBurela e Riotorto aumentan a incidencia da Covid con casos en seis...

Burela e Riotorto aumentan a incidencia da Covid con casos en seis concellos máis da Mariña

Na provincia de Lugo son case xa medio milleiro os contaxiados

Publicada o

- Advertisement -

Burela e Riotorto son os novos concellos da Mariña nos que aumenta a incidencia da Covid  desde a última semana. Isto significa que aumentaron algún caso con respecto á última semana. No caso de Riotorto é tan só dun caso novos desde o venres, pero este caso supón que aumente a incidencia acumulada con respecto a hai 15 días.

Tanén se manteñen con novos casos na última semana os concellos de Ribadeo, Foz, Cervo,  Xove, Viveiro e Lourenzá nos que se rexistraron entre un 1 e 9 casos nos acumulados da última semana segundo os datos do Consellería de Sanidade. Lourenzá que chegou a ter 250 casos por 100.000 habitantes, a pasada semana mellora a súa situación e ten agora entre 125 e 250 casos, mentres que no resto destes concellos a situación varía entre os 10 casos e os 125 por 100.000 habitantes.

SOBEN OS CASOS EN GALICIA

Galicia inicia esta semana cunha repunta dos novos contaxios de Covid-19 a 630 e unha subida dos casos activos a 5.058, mentres que a taxa de positividade dispárase a un 8% e os pacientes hospitalizados por este coronavirus descenden lixeiramente a 66.

Segundo os datos actualizados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste domingo, recollidos por Europa Press, na área de Lugo hai un en críticos e cinco noutras unidades.

CASE MEDIO MILLEIRO DE CASOS EN LUGO

Pola súa banda, os casos activos de Covid-19 superan os 5.000 ao elevarse a 5.058, que supoñen 497 máis que a xornada anterior ao haber máis contaxios (630) que altas (133). Con respecto a fai sete días, representan máis do dobre, xa que o luns pasado –5 de xullo– había 2.466. Deste xeito, sitúanse en niveis de finais de febreiro deste ano.Por áreas sanitarias, as infeccións activas ascenden en 20 na área de Lugo que xa ten 467 contaxiados activos.

MÁIS DE 600 NOVOS CONTAXIOS

En canto aos novos contaxios de Covid-19 en Galicia seguen por encima do medio milleiro desde o venres pasado e disparáronse a 630, que implican 111 máis que os 519 rexistrados o domingo e 25 menos que os 655 do sábado. Por tanto, os positivos mantéñense por encima dos 200 desde o xoves 1 de xullo e do centenar desde o 24 de xuño.

En toda Galicia foron confirmados 630 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas, segundo os datos actualizados por Sanidade, 32 corresponden á área de Lugo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...