O Sergas realizará cribados masivos en Foz, Ribadeo e Viveiro ante o gran aumento de casos

Cribado masivo en Viveiro. CONCELLO DE VIVEIRO

A área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte levará a cabo nos próximos días un cribado poboacional entre as persoas de 18 a 30 anos dos concellos de Viveiro, Foz e Ribadeo. A convocatoria a estes cribados farase a través dun SMS.

Ao cribado de Foz están convocadas 830 persoas o venres, en horario de mañá, no pavillón do colexio número 1 deste concello. En Ribadeo os citados son 834 persoas en horario de tarde, tamén o venres, no pavillón da Avenida de Luarca. Os chamados ao cribado de Viveiro, o sábado en horario de mañá e tarde no pavillón municipal, son un total de 1.700 persoas.

“A Xerencia da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, fai un chamamento á mocidade destes concellos, convidándoa a participar neste cribado, pois a realización de probas diagnósticas permite conter a expansión do virus e, ademais, velar tanto pola nosa saúde, como pola dos nosos achegados”, apunta o Sergas nun comunicado.

Así, lembra que a Dirección Xeral de Saúde Publica, xuntos coas Xefaturas Territoriais de Sanidade e as diferentes áreas sanitarias do sistema público galego continúan a traballar de forma colaborativa na organización de diferentes cribados poboacionais, coa intención de detectar posibles casos asintomáticos, ademais de previr da aparición de posibles novos gromos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here