Alcaldes da Mariña comprométense cos traballadores de Vestas

Os traballadores din que hai que visibilizar que o problema "non só é de Vestas e Alcoa, senón de toda A Mariña, Ortegal e Ferrolterra".

Aeroxeneradores de Vestas. AXM

Alcaldes da comarca luguesa da Mariña comprometéronse co comité de empresa de Vestas en Viveiro a elaborar un memorando en conxunto “para visibilizar o gravísimo problema industrial” da zona.

Diso informou o presidente do comité, David Mariño, unha vez terminada a reunión con rexedores. O obxectivo, explicou, é visibilizar o problema “non só de Vestas e Alcoa, senón de toda A Mariña, Ortegal e Ferrolterra“.

O comité de Vestas Viveiro, a cuxa persoal lle foi comunicada a intención de peche por parte da empresa o pasado luns, agradeceu o apoio pola futura firma deste memorando conxunto.

Neste contexto, e antes da concentración convocada para as 12,00 horas na praza do Concello de Viveiro, representantes dos traballadores de Vestas reuniranse no propio consistorio co secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e os deputados socialistas Patricia Otero e Martín Seco, así como coa alcaldesa María Loureiro.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here