A Xunta destaca a “boa evolución” do gromo de Foz

Comesaña incide no descenso da incidencia a sete días e confía en dalo por "controlado".

García Comesaña, na rolda de prensa. CONCHI PAZ/XUNTA DE GALICIA

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, destacou a evolución positiva do gromo de covid-19 rexistrado no municipio de Foz, o cal tivo orixe escolar e con brotes familiares localizados e sinalou en que confían en que “estea controlado”, despois de que a incidencia baixase en tres veces.

Concretamente, segundo os datos da páxina web do Sergas, a 14 días a incidencia acumulada é de máis de 500 casos por 100.000 habitantes, con 66 casos diagnosticados. A sete días, a incidencia é de entre 125 e 250, con 22 positivos acumulados.

“A evolución a sete días está a ser boa, divide por tres a incidencia a 14 días. Sempre que estea por baixo da metade, é bo e neste caso está tres veces por baixo”, sinalou o titular de Sanidade, quen destacou a “evolución positiva” confirmada coas PCR do décimo día do inicio do brote.

“Confiamos en que este brote estea controlado, non hai ningún paciente hospitalizado e esperamos que en próximos días póidanse tomar decisións neste sentido”, sinalou, en relación ás restricións de nivel medio que rexen no concello.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here