InicioCentralOs traballadores de Alcoa cortan a estrada principal á fábrica

Os traballadores de Alcoa cortan a estrada principal á fábrica

Seguen esixindo unha intervención temporal da planta coa vista posta no seu traspaso a un terceiro.

Publicada o

- Advertisement -

Os traballadores de Alcoa en San Cibrao cortaron a estrada principal de acceso á fábrica, a cuxas portas se concentran a partir das 11,00 horas á espera do que decida o Tribunal Supremo sobre o expediente de regulación de emprego (ERE) na planta.

E é que os maxistrados da sala do social do Supremo debaten este mércores sobre o recurso que interpuxo a multinacional do aluminio contra a anulación do ERE para máis de 500 traballadores que pretendía aplicar na factoría da Mariña.

Coincidindo con esta reunión, e coa previsión de que haxa pronunciamento este mesmo mércores, o persoal, que continúa en folga indefinida, convocou senllas concentracións, ás 11,00 e ás 20,00 horas.

Á marxe da decisión xudicial, que esperan que ratifique a anulación do ERE por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), os traballadores seguen esixindo unha intervención temporal da planta coa vista posta no seu traspaso a un terceiro.

Pola súa banda, a empresa, que recorreu a anulación do ERE, mantén o seu compromiso de vender pero condiciona a operación a que o Goberno central estableza un marco enerxético competitivo, cun prezo da luz máis baixo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...