Investigan dúas veciñas de Burela que tiñan máis de 200 plantas de marihuana no coche

As dúas mulleres foron postas a disposición xudicial, segundo informaron fontes da Benemérita.


A Garda Civil abriu dilixencias de investigación con respecto a dúas veciñas de Burela, de 40 e 18 anos de idade respectivamente, como presuntas autoras dun delito contra a saúde pública por cultivo ou elaboración de estupefacientes.

Os feitos ocorreron na madrugada do mércores, cando unha dotación de efectivos do Instituto Armado deu o alto a un vehículo nun punto de control. Cando os axentes se dispuñan a identificar as dúas mulleres ocupantes do coche e lles pediron a súa documentación, a condutora acelerou e emprendeu a fuxida.

Con todo, non chegou moi lonxe, posto que o vehículo saíu da vía uns quilómetros máis adiante. Tras auxiliar os seus ocupantes, os gardas comprobaron que no interior do coche había dúas caixas cun total de 208 plantas do que parecía marihuana.

As dúas mulleres investigadas foron postas a disposición xudicial, segundo informaron fontes da Benemérita.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here