Excarcerada unha persoa tras un aparatoso accidente en Foz

O incidente tivo lugar pasadas as 12.00 deste 8 de decembro.

Vehículo da Garda Civil. AXM

Unha colisión entre dous coches, ocorrida no concello de Foz, saldouse coa excarceración dunha persoa por parte dos servizos de emerxencia, e dous feridos, segundo informa o 112. A poucos minutos das 12,00 horas, unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para informar dun accidente entre dous vehículos, no punto quilométrico 41 da estrada N-642.

Na comunicación, afirmábase que un dos implicados non se atopaba ben e que necesitaba asistencia médica, explican desde o CIAE-112 Galicia. Desde esta central, comunicouse o sinistro ao persoal sanitario, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e aos membros do GES de Cervo e de Protección Civil da localidade.

Estes últimos, chegados ao lugar dos feitos poucos minutos despois, comunicáronlle ao 112 que había unha persoa atrapada no interior dun dos turismos. Finalmente, a dotación de Bombeiros desprazada indicou que no sinistro acabaron feridas dúas persoas, a unha das cales tiveron que excarcerar, e que foron trasladadas ao Hospital de Burela.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here