Alerta laranxa na Mariña por ondas de máis de cinco metros

Toda a costa galega entra en nivel de alerta este venres.

Ría de Foz. OLLO DO MAR

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego debido ao que se esperan ondas de máis de cinco metros.

Así o informou a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo nun comunicado, no que indica que segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), espérase un fenómeno adverso de nivel laranxa en todo en litoral galego, con mar combinado de cinco a sete metros do noroeste.

Por iso, a Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, como diques, rompientes e paseos marítimos, debido a este temporal no litoral galego. Tamén recomenda que se “extremen as medidas de seguridade” á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Unha vintena de provincias estarán este venres en risco ou risco importante por temperaturas mínimas, nevadas, fenómenos costeiros, ou vento, segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).

NUBLES E CLAROS

Este venres Galicia quedará transitoriamente na influencia de altas presións, nunha xornada de alternancia de nubes e claros en xeral. Segundo información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, haberá bancos de néboa matinal e a posibilidade dalgún chusvaco illado no terzo norte durante a mañá.

As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente mentres que as máximas non terán cambios significativos. O vento soprará frouxo do nor-noroeste e cambiará a dirección suroeste á noite. Na Coruña e Ferrol, a temperatura mínima será de novo graos fronte ao catro de Lugo, os mesmos que en Ourense; o cinco de Santiago de Compostela e o seis de Vigo. As máximas estarán nos 13 graos da Coruña e Pontevedra; os 14 de Ferrol e Vigo; os 10 de Lugo, os 12 de Ourense e os 11 graos de Santiago de Compostela.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here