A costa da Mariña quedará en alerta amarela este domingo por vento

Avísase de "importantes precipitacións" para este día 13.

San Cibrao. AXM

A entrada dun temporal este domingo en Galicia fará que o litoral da provincia da Coruña estea en alerta laranxa ante as previsións de fortes ventos. A activación da alerta foi comunicada este sábado pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta, que chama a extremar as precaucións ante a chegada deste fenómeno meteorolóxico.

Ademais, este domingo tamén estarán en aviso amarelo as costas de Pontevedra e Lugo, así como a práctica totalidade do interior da Coruña e Pontevedra e outros puntos de Lugo e Ourense, onde se esperan abudantes precipitacións. Na costa, o risco estará ante os ventos do sur e suroeste que poderían deixar refachos máximos de 70 quilómetros por hora, segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

Nun comunicado, a Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, así como diques, rompentes ou paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here