O PSdeG de Foz pedirá saídas dirección Viveiro no enlace do Carme da A-74

Os socialistas presentarán alegacións ao treito da Autovía da Mariña que o Goberno someteu a información pública

N-642, estrada á que substituirá a A-74.

O PSdeG de Foz anunciou que presentará alegacións para que se mellore o enlace do Carme incluído polo Goberno central dentro do proxecto do treito da autovía A-74 entre Barreiros e Foz, que vén de ser sometido a información pública.

Os socialistas focegos pretenden que se inclúa no proxecto saídas en dirección a Viveiro, “que beneficiarían enormemente ás parroquias do interior” e aspira tamén a que o enlace “sexa máis ambable coa contorna”.

O grupo municipal socialista asegura que “estamos analizando pormenorizadamente o proxecto redactado”, de forma que se garanta a menor afección posible aos veciños”.

IMPULSO ECONÓMICO

O candidato a alcaldía dos socialistas, Fran Cajoto, asegura que a A-74 será “un gran avance para Foz e para a comarca, pois permitirá vertebrar as poboacións e impulsar a actividade económica”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here